Novo podcast de Cadea 18, Se Xela Arias fose...
Presentamos un novo episodio do podcast da aula de 5º A, Cadea 18. Nesta ocasión o alumnado do devandito curso súmase a iniciativa da Real Academia Galega dende o seu proxecto Primavera das letras, un certame educativo que leva por título: “Contádenos o voso Día das Letras”.
No podcast de hoxe, o alumnado vainos explicando como foi este Día das Letras Galegas no centro, como tivo sido antes da etapa COVID, as actividades que se botaron de menos e moitas cousas máis. Pero faino dun xeito diferente, creativo, facendo relacións case metafísicas entre a homenaxeada deste ano e outras cuestións cotidianas.
Se Xela Arias fose una cor. Cal cres que sería? E se fose un animal?
En base a súa obra chea de matices, o alumnado nos presenta unha concepción da autora moi persoal e chea de poesía. O traballo no entendemento das creacións de Xela, foron o un desencadeante de inventiva productiva que cristalizou no programa de hoxe.
Sen máis "spoilers", se Xera Arias fose...
Comentarios
Publicar un comentario